top of page
Madrid, 18-20 setembro 2014

As Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 "Literatura galega: identidade, alteridade e exilio" pretenden facer unha posta en común das liñas de investigación que se están a desenvolver nos Centros Galegos das universidades do mundo e noutras institucións, nomeadamente no ámbito da literatura galega fóra de Galicia e do estudo da identidade, a alteridade e o exilio. Procúrase, por outra parte, favorecer o contacto entre profesores, investigadores e estudantes interesados no coñecemento e no estudo da literatura galega, así como fomentar o intercambio científico entre os relatores e os asistentes. Ademais, con estas Xornadas quérese abrir e estimular o diálogo entre as distintas xeracións pertencentes á colectividade galega.

 

Destinatarios: profesores, investigadores e estudantes, Departamentos de Romanística, Centros Galegos en España, Portugal, Hispanoamérica e no resto do mundo, Escolas Oficiais de Idiomas e outras institucións interesadas  no estudo da lingua, da literatura e da cultura galega.

 

Ámbitos temáticos e liñas de estudo

  • Literatura galega no exterior

  • Literatura galega e outras literaturas

  • Novas investigacións no ámbito da literatura galega: do medieval ao moderno

  • Literaturas peninsulares comparadas

  • Literatura galega, arte e cine

  • Literatura galega e identidade(s)

 

Valoración en horas de formación: 2 créditos libre elección (licenciatura) | 1,5 créditos optativos (grao)

© 2014 Centro de Estudos Galegos (UCM) - UNED

  • Facebook Classic
  • Twitter Classic
  • Google Classic
  • RSS Classic
bottom of page