top of page
Madrid, 18-20 setembro 2014
Anímate a participar connosco! Chamada a comunicacións

 

Para alén de asistires ás xornadas, podes participar cun relatorio (comunicación 20').

As liñas de interese priorizadas no congreso serán as seguintes:

  • Literatura galega no exterior

  • Literatura galega e outras literaturas

  • Novas investigacións no ámbito da literatura galega: do medieval ao moderno

  • Literaturas peninsulares comparadas

  • Literatura galega, arte e cine

  • Literatura galega e identidade(s)

 

De estares interesado en participar cun relatorio nas Xornadas Internacionais UCM-UNED, só tes que nos enviar a túa proposta (título do relatorio e resumo aproximado de 300 palabras) e os teus datos persoais a través do formulario de inscrición dispoñíbel neste sitio web.

 

As linguas oficiais do simposio son o español, o galego e o portugués. Tanto se es asistente como relator, terás dereito a un certificado de asistencia ou de comunicación e, de ser o caso, un certificado que acredite os créditos (de grao ou de licenciatura) solicitados.

 

Prazo de envío de propostas: até o 30 de abril (até o 31 de maio)

Notificación das contribucións aceptadas: 15 de xuño

 

Tendes toda a información na 1ª circular. Podes consultarnos calquera dúbida no formulario de contacto ou ben neste enderezo: xornadasliteraturagalega@gmail.com.

 

© 2014 Centro de Estudos Galegos (UCM) - UNED

  • Facebook Classic
  • Twitter Classic
  • Google Classic
  • RSS Classic
bottom of page