top of page
INICIO

ACTIVIDADES CULTURAIS

 

Para alén da visita á Casa de Galicia (10/09) e ao Ateneo de Madrid (14/09) nos actos de inauguración e clausura, tamén se realizará unha visita á Real Biblioteca do Mosteiro de San Lorenzo do Escorial. Alí poderemos admirar os códices orixinais das Cantigas de Santa María (século XIII) e da versión galega da General estoria (século XIV) de Afonso X o Sabio, acompañados da música en directo de Carlos Núñez, que interpretará algunha das cantigas coa participación doutros músicos e da Escolanía do Escorial.

las-cantigas-de-santa-maria-el-codice-ri

A visita será o sábado 15 de setembro pola mañá e a saída do autobús desde Madrid (R/ Princesa 94, Arcos de Moncloa) está prevista para as 9h. Por razóns de espazo e conservación dos códices, a visita está restrinxida a 50 persoas. Por tanto, as persoas que poidan ficar en Madrid a mañá do sábado 15 e desexen asistir á visita á Real Biblioteca deben manifestar o seu interese enviando un correo electrónico ao enderezo do congreso (congresoaieg2018@gmail.com). Se for necesario facer unha selección, terase en conta a orde de chegada das solicitudes, por tanto recomendamos inscribirse canto antes.

ilmnddaknakoophe.jpg

A visita á Real Biblioteca está programada de 11 a 12:30h. O xantar de despedida está programado para as 14h. A volta para Madrid (mesmo lugar de recollida) desde o Escorial está prevista para as 17h. As persoas que soliciten asistir á visita da Real Biblioteca deberán indicar tamén por correo se están interesadas en participar no xantar (prezo aproximado de 25€). Por último, se alguén estiver interesado en facer tamén unha visita rápida ao propio mosteiro do Escorial antes do xantar, poderá facelo pola súa conta entre as 12:30h e as 13:45h (información sobre horarios e tarifas aquí).

941d30aa75d93fb6405e5c1419b7d14e.jpg
bottom of page