-
MESA REDES (UCM, Salón de Actos Ed. D, 11/09, 13:15h)
Organiza: Real Academia Galega e AIEG
Participan:
-
Olivia Rodríguez González (coord.) [+]
-
Débora Campos [+]
-
Jorge Mira [+]
-
Carlos Núñez [+]
-
Mabel Rivera [+]
O panel céntrase nas redes de creación, comunicación e difusión polas que transita a cultura galega, de xeito directo –creando redes– ou indirecto –utili-zando redes existentes. Participan importantes representantes dos eidos xor-nalístico, científico, e artístico (neste caso, da música e da interpretación tea-tral e audiovisual) que explicarán de que xeito e con que tipo de bagaxe veñen traballando e divulgando a súa creación, tanto desde un plano individual como colectivo. Darán conta das redes de participación, tanto na Galicia inte-rior como na exterior, que están a conectar a cultura galega coa do resto do mundo, sinalando oportunidades, eivas e propostas de futuro.
-
MESA TERRITORIO (UCM, Salón de Actos Ed. D, 12/09, 12:45h)
Organiza: Consello da Cultura Galega e AIEG
Participan:
-
Xosé Manuel Santos Solla (coord.) [+]
-
María López Sández [+]
-
Aníbal C. Malvar [+]
-
Vicente Araguas [+]
A mesa leva por título TERRITORIO. Este concepto, moi enraizado na xeogra-fía, fai referencia a un espazo xeográfico que é o resultado da acción indivi-dual ou colectiva dos seres humanos. Porén, no ámbito das disciplinas sociais e das humanidades, o seu significado pode adquirir múltiplas dimensións. De facto, nesta mesa redonda poderemos ver a riqueza que se deriva deste concepto rico en matices e olladas. Así, por exemplo, María López incorpora a idea de paisaxe que, como creación cultural, condiciona o xeito como nos relacionamos co territorio. A paisaxe, como interpretación cultural dun terri-torio, moitas veces vén condicionada pola ollada foránea, constrúese desde fóra e, frecuentemente, asumímola como propia. Neste sentido, Aníbal C. Malvar vai falar sobre o papel dos medios de comunicación e editoriais (espa-ñolas e galegas) na transmisión dunha imaxe deteriorada, españolizante da cultura galega e das súas particularidades identitarias, o que, evidentemente, ten implicacións en como observamos e interpretamos o territorio e a xente que habita nel. Finalmente, Vicente Araguas, logo de levar case 50 anos vivin-do fóra de Galicia, achegará tamén unha perspectiva do noso país, do seu te-rritorio e, evidentemente, da súa xente, enfocada, e seguramente condiciona-da, por quen habita boa parte do seu tempo alén das nosas fronteiras, mais que proxecta sobre Galicia o seu labor profesional como escritor e músico.
-
MESA MEMORIA (UCM, Salón de Actos Ed. D, 13/09, 12:45h)
Organiza: Consello da Cultura Galega e AIEG
Participan:
-
Dolores Vilavedra (coord.) [+]
-
Lourenzo Fernández Prieto [+]
-
Miguel-Anxo Murado [+]
-
Susana Sánchez Aríns [+]
A mesa pretende ser un punto de integración de todas as posibles vías de análise da cuestión da memoria que se irán abrindo no Congreso. O obxec-tivo é logo afondar –dende diferentes perspectivas profesionais, metodolóxi-cas e mesmo persoais– na memoria como punto nodal dunha rede rizo-mática de vectores identitarios, algúns deles moi evidentes e que xa foron (e están a ser) obxecto de investigación no ámbito dos estudos galegos (historia, conflicto, exilio...), mais tamén doutros parámetros (xénero, trauma, patrimo-nio inmaterial...) que só máis recentemente están a revelar a súa rendibilida-de como articuladores e, ao tempo, cristalizadores de memoria(s) individuais e colectivas.