ÁMBITOS DE ESTUDO
O XII Congreso Internacional da AIEG propón nesta ocasión tres áreas temáticas principais (Redes, Territorio e Memoria), definidas por un conxunto de liñas de traballo máis específicas. Estas suxestións, feitas co ánimo de abrir novas posibilidades de coñecemento e convidar ao diálogo entre disciplinas, en ningún caso serán aplicadas de maneira excluínte, tendo cabida neste encontro calquera proposta pertencente aos ámbitos xerais de estudo: lingüístico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico, artístico etc.
REDES:
-
Redes de creación e difusión do coñecemento: impacto social, horizontes de colaboración.
-
Redes cívicas e académicas: ferramentas colaborativas, xestión organizativa, canles de información, mobilidade.
-
Novas tecnoloxías e humanidades dixitais: plataformas e repositorios dixitais, edición dixital, impacto na literatura, nas artes visuais e na música.
-
Educación: currículo, valores, interculturalidade, innovación educativa, ensino de linguas, educación literaria.
-
Medios de comunicación e información: discurso mediático, fontes informa-tivas emerxentes, medios de comunicación en galego, transmedialidade.
-
Tradución e interpretación: estudos culturais, mediación cultural, autotradu-ción e identidade.
TERRITORIO:
-
Cartografías lingüísticas: contacto de linguas, variación, estandarización, no-vos retos para a aprendizaxe de linguas.
-
Identidade: interrelacións da literatura e das artes, movementos migratorios, redes de axuda e cidadanía.
-
Documentación e patrimonio: patrimonio material e inmaterial, arquivos, conservación e preservación, estudos arqueolóxicos.
-
Asociacionismo e sociedade civil: cooperativismo, tecido asociacionista, medio ambiente, movementos feministas e LGTBQ+, novos modelos de intervención e participación cidadá.
-
Novas tendencias literarias: literatura infantil e xuvenil, literatura dixital, críti-ca literaria, historia da literatura.
-
Espazos híbridos e non-lugares: hostilidade, novo ruralismo, rexeneración ur-bana.
MEMORIA:
-
Conflito e trauma: representacións artísticas e literarias, exilio e insilio, move-mentos migratorios forzosos, análise do discurso.
-
Historia das mulleres: espazos, testemuños e (in)visibilidade.
-
Comunidades no exterior: procesos e imaxinarios de desterritorialización e reterritorialización, resiliencia, linguas herdadas, transmisión cultural.
-
Memoria histórica: materialidade, espazos de memoria, narrativas da guerra civil, perspectivas históricas actuais, reparación.
-
Estudos poscoloniais e posnacionais: perspectiva histórica, identidade e co-munidade, producións culturais, interrelacións cos estudos de xénero.